Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican resolucións dos recursos de alzada interpostos contra o acordo de concentración parcelaria do Mundil (Cartelle).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

José Manuel Pérez Sousa

Resolución de recurso de alzada

O Mundil (Cartelle-Ourense)

María José Rodríguez Rodríguez

Resolución de recurso de alzada

O Mundil (Cartelle-Ourense)

Augusto Rodríguez Pereiro

Resolución de recurso de alzada

O Mundil (Cartelle-Ourense)