Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de reactivos de diagnóstico laboratorial de determinadas enfermidades animais (expediente 1/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de reactivos de diagnóstico laboratorial de determinadas enfermidades animais.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: kits de reactivos para o diagnóstico da paratuberculose en ruminantes por Elisa, lote 2: kits de reactivos para o diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) por Elisa, lote 3: kits de reactivos para o diagnóstico da neosporose en ruminantes por Elisa, lote 4: kits de reactivos para o diagnóstico da diarrea vírica bovina e enfermidade de border dos pequenos ruminantes (BVD/BD) por Elisa, de detección de anticorpos e de antíxeno; lote 5: kits de reactivos para o diagnóstico da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (PRRS) por Elisa e lote 6: kits de reactivos Elisa para diagnóstico das encefalopatías esponxiformes transmisibles (EETS) en bovinos e pequenos ruminantes.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do acordo marco é ata o 31 de decembro de 2018. A entrega do material realizarase no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (avenida de Madrid, 77, Lugo).

e) Admisión de prórroga: si, por dúas anualidades máis.

f) CPV: 33696500-0 reactivos de laboratorio.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación:

Importe neto: 1.473.000 €; IVE (21 %): 309.330 €. Importe total: 1.782.330 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 3.535.200 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes I e J do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva, polos importes seguintes: lote 1: 9.600 €, lote 2: 12.000 €, lote 3: 12.000 €, lote 4: 30.000 €, lote 5: 800 € e lote 6: 9.250 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 982 88 96 27 e 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 23 de xaneiro de 2017, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=81504

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 23 de xaneiro de 2017.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Exíxese a presentación de mostras, que se entregarán no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia –para garantir que non se rompe a cadea de frío–, dentro do prazo de presentación de ofertas.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 3 de febreiro de 2017.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao DOUE: 15 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural