A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 26 de decembro de 2016, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
a) 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 2 bolsas de formación en publicacións.
d) 1 bolsa de formación en informática.
e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia