En sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 24 de xaneiro de 2017, na sala D do Edificio Administrativo Pirámide, núm. 8, San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 9.30 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio fronte á estación de autobuses.
Segundo. Consonte o disposto na dita base, convócase para o cuarto exercicio a todo os aspirantes no lugar e hora establecidos.
Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.2.1 da convocatoria.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016
José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal