Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 2015-DE/032.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no enderezo que figura na solicitude de subvención no cal non se fan cargo, segundo se especifica na devolución da notificación de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Galega das Industrias Culturais, sita na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, en Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Expediente: 2015-DE/032.

Interesada: Sara Bugarín Gómez (Filomena 3D, S.L.).

Acto de notificación: notificación de resolución de revogación.