Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57056

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifican as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto 11 do artigo 13 destas bases, obrigas dos beneficiarios, establécese a obriga, no caso de postos agrupados de participación en feiras, da utilización do símbolo E de España (en solitario ou acompañado da lenda «España»).

A utilización do mencionado símbolo regúlase nun convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e o ICEX, no cal se establece que as actuacións susceptibles de utilizar o símbolo E de España deberán ser comunicadas ao ICEX, que autorizará o seu uso. Na data actual non se dispón de autorización para a utilización do mencionado símbolo nestas actuacións, polo que se considera oportuno eliminar a dita exixencia das bases reguladoras.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 22 de decembro de 2016, acordou a modificación das bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Publicar a modificación das bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, publicadas mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), no seguinte senso:

Un. No artigo 13, obrigas dos beneficiarios, elimínase o punto 11 e reenumérase o punto 12 que pasa a ser o 11.

Artigo 2

Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica