Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos do sindicato Sitraedi, co número 2016-82-2-2.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 29.11.2016 os estatutos do sindicato Sitraedi, de acordo o seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: traballadores que presten servizos por conta de empresas ou traballadores autónomos ao seu servizo ou por conta propia no seu ámbito de actuación. Tamén se incluirán os estudantes en idade laboral e os xubilados aínda que con dereitos limitados.

Asinan a acta de constitución: José Benito García Ares, Alejandro Aradas Valeiro e Fátima Faraldo Bolaño.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego