Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o documento para información pública da anulación da conexión PO-551-VG-4.5 incluída dentro do proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña (clave PO/07/220.01).

Con data do 31 de outubro de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013; Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. En xullo do ano 2012, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou provisionalmente o proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña.

Segundo. No mesmo mes de xullo do ano 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se somete ao trámite de información pública o proxecto antes referenciado.

Terceiro. En marzo do ano 2014, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas resolve aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e impacto ambiental deixando sen efecto o treito da variante de Moaña e a conexión PO-313-VG-4.5 (Sabaceda), pero mantendo a variante de Cangas e a conexión PO-551-VG-4.5 (Tirán).

Cuarto. En maio do ano 2014 interpuxéronse recursos de reposición ao proxecto aprobado, que recibiron informes desfavorables.

Quinto. Aínda que o recurso de reposición recibiu informe desfavorable, de suprimir a conexión non tería unha incidencia directa sobre a rede autonómica. Do expediente dedúcese que esta actuación podería ter un carácter local no ámbito territorial da confluencia dos concellos de Cangas e Moaña. Así mesmo, mantense o desacordo con diversas asociacións e veciños de Moaña, así como a oposición unánime da corporación do Concello de Moaña. Por todo isto redáctase un documento para información pública que propoña a supresión da conexión e que permita valorar, a través dun proceso de información pública, o carácter supramunicipal desta actuación incorporando ao procedemento a consideración tanto dos afectados coma dos posibles usuarios.

Sexto. Con data do 9 de maio de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 87) o Anuncio do 25 de abril de 2016 polo que se fai público o documento para información pública da anulación da conexión PO-551-VG-4.5 incluída dentro do proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña (clave PO/07/220.01).

Sétimo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse certificados e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado documento para información pública sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o exposto, e tras non ter recibido ningunha alegación durante o período de información pública,

Resolvo:

Primeiro. Aprobar, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o expediente de información pública e definitivamente o documento para información pública da anulación da conexión PO-551-VG-4.5 incluída dentro do proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña (clave PO/07/220.01).

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Cangas e Moaña deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no documento, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas