Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 562/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 562/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael García-Bodaño Pereira contra Porto Ronco, S.L., Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 331/2016

DSP despedimento/cesamentos en xeral 562/2016

Procedemento orixe: /

Sobre: despedimento

Demandante: Rafael García-Bodaño Pereira

Avogado: Francisco Javier D´Amorín Camba

Demandado: Porto Ronco, S.L., Fogasa

Avogado: Fogasa

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2016

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 562/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de Rafael García Bodaño Pereira, asistido do letrado Sr. Francisco Javier D´Amorín Camba, contra a entidade Porto Ronco, S.L.

Decido.

Estimar a demanda interposta por Rafael García Bodaño Pereira contra a empresa Porto Ronco, S.L., e declarar a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 23 de xuño de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 42,05 euros diarios, ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 1.271,98 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen ter optado, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboar á demandante a cantidade de 1.570,28 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos e a parte proporcional das vacacións non desfrutadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Porto Ronco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza