De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-38-16-02 B-3312-VM Gardapeiraos |
Eligio Machado Machado R/ Ezequiel Peñalver, baixo 1 28042 Madrid |
Uso indebido das instalacións portuarias. 4.7.2016; Santo Adrán de Cobres, Pontevedra |
Art. 306.1.a) RDLex. 2/2011 TRLPEMM Art. 78.1 OM 12.6.1976 |
Art. 312 RDLex. 2/2011 TRLPEMM |
200 € |