De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-30-16-51 T-6989-BBD Gardapeiraos |
Junior Bernabé Barbosa Lg. Avión, s/n 32520 Ourense |
Estacionamento prohibido. 4.8.2016; 15.22 horas A Guarda (Pontevedra) |
Art. 306.1.a) do RDLex. 2/2011 TRLPEMM Arts. 17 e 64 da OM do 12.6.1976 |
Art. 312 do RDLex. 2/2011 TRLPEMM |
90 € |