1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Vigozoo. Nº de expediente: 7172-612.
2. Obxecto do contrato: descrición: a prestación do servizo de mantemento integral das instalacións de exotarium e bolboretario nas instalacións de VigoZoo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: tres anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 100.440 € (sen IVE) IVE: 21.092,40 €.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: non. c) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato exluído o IVE.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 20 de decembro de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación