Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da modificación da oferta de emprego público de 2016.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 2 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Modificar o Acordo da Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 8 de abril de 2016, que pasa a contar coa seguinte redacción:

Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2016, integrada polas seguintes 58 prazas vacantes:

a) Persoal funcionario (35 prazas, 27 delas pola quenda libre e 8 por promoción interna).

Nº de vacantes

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Clase

Quenda de acceso

1

Técnico/a Administración xeral-rama xurídica

A1

Administración xeral

Técnica

Superior

Promoción interna

1

Administrativo/a Administración xeral

C1

Administración xeral

Administrativa

---------

Libre

8

Auxiliar Administración xeral

C2

Administración xeral

Auxiliar

----------

5 libre e 3 promoción interna

4

Subalterno/a

E

Administración xeral

Subalterna

----------

Libre

1

Enxeñeiro/a de camiños

A1

Administración especial

Técnica

Superior

Libre

1

Enxeñeiro/a industrial

A1

Administración especial

Técnica

Superior

Libre

1

Diplomado/a traballo social

A2

Administración especial

Técnica

Media

Libre

1

Enxeñeiro/a-técnico/a topografía

A2

Administración especial

Técnica

Media

Libre

1

Arquitecto/a técnico/a aparellador/a

A2

Administración especial

Técnica

Media

Libre

1

Técnico/a xestión

A2

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Promoción interna

1

Técnico/a relacións laborais

A2

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Promoción interna

1

Técnico/a medio/a sistemas

A2

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Promoción interna

2

Programador/a informática

C1

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Libre

1

Sarxento extinción incendios

C1

Administración especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Promoción interna

3

Bombeiro/a

C2

Administración especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Libre

7

Policía local

C1

Administración especial

Servizos especiais

Policía local

Libre

b) Persoal laboral: 23 prazas (1 capataz pola quenda de promoción interna, 21 de oficiais de oficios do grupo C2 de titulación (6 delas pola quenda libre- 1 oficial condutor, 1 oficial fontaneiro, 1 oficial sepultureiro, 1 oficial mecánico e 2 oficiais coidadores zoo) e 15 pola quenda de promoción interna, e 1 de axudante de oficios do grupo transitorio E, pola quenda de promoción interna).

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP), resérvanse un total de 5 prazas (7 % das 58 prazas ofertadas (33 correspondentes á quenda libre e 25 reservadas por promoción interna), para persoas con discapacidade, dúas delas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e as tres restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

– Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral; unha das ofertadas pola quenda libre e outra da quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de oficial de oficios, da quenda de promoción interna; unha delas reservarase para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

– A praza de axudante de oficios, da quenda de promoción interna, reservada para persoas con discapacidade intelectual.

Vigo, 13 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal