Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (383/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 383/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Ermitas Precedo Barros contra Empresa Oshum Hosteleros, S.C., María Lourdes Aldrey Míguez, Humberto Neira Aldrey e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo ter por ampliada a demanda contra os membros da Sociedade Civil da Empresa Oshum Hosteleros, S.C., Humberto Neira Aldrey e María Lourdes Aldrey Míguez e, na súa consecuencia, cítese ás partes en única convocatoria, para a celebración dos actos de conciliación e/ou xuízo, sinalándose para estes a audiencia do día 1.2.2017 ás 11.45 horas para a celebración da conciliación e o mesmo día ás 11.50 horas para a celebración do xuízo, na sala de vistas deste órgano xudicial, sito no rúa Viena s/n.

Fágase entrega aos demandados Humberto Neira Aldrey e María Lourdes Aldrey Míguez, contra a que se ampliou a demanda, de copia da demanda presentada e do resto de documentos, advertindo ás partes o disposto nos artigos 82.2 e 83 LXS, toda vez que pola parte demandante se descoñecen os domicilío dos demandados, procédase á consulta domiciliaria destes telematicamente por medio do Punto Neutro Xudicial e realizada a devandita consulta cítese os demandados nos novos domicilios.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Humberto Neira Aldrey e empresa Oshum Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza