Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de decembro de 2016 pola que se notifica a denegación da apertura do período de proba do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2015-RP1 ditou, o 11 de outubro de 2016, acordo polo que se notifica a denegación da apertura de período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística mencionado, incoado polas obras realizadas en solo rústico, consistentes na ampliación de volume e cambio de composición arquitectónica dunha edificación preexistente que dá lugar a unha edificación con tipoloxía residencial, no lugar de Vilasibil, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo a Concepción Touzón González, Jaime Touzón González, Oliva Touzón González, Carmen Touzón González e aos herdeiros de José Arza Blanco, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faíselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística