Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico de Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico de Malpica.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Predio

Concello

Titulares propostos

Incidencia

Data

Hora

50

Malpica de Bergantiños

Herdeiros de Manuel Pampín Lema

Enderezo ignorado

10.1.2017

11.30

137

Ponteceso

Manuel Cousillas Martelo

Enderezo ignorado

11.1.2017

10.00