Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da proposta de resolución do expediente IN635C 2016/28-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O interesado ou o seu representante dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partires do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43-5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 14 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/28-4.

Interesado: José Antonio Bouzas Barros.

CIF: 76817195R.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.