Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 49/2016).

Notifícaselle á interesada, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 17 de novembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta de infracción

Nome ou razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

49/16

I322016000016140

Canteras Industriales del Bierzo, S.A.

A28700383

Avda. Bierzo, 73

24400 Ponferrada (León)

8.10.2016

626,00 €