Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 26 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 51/2016).

Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 26 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta de infracción

Nome ou razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

51/16

I322016000016746

Antonio Mangana Rodríguez

44449708J

Piúca, 20, porta BI

32700 Maceda (Ourense)

20.9.2016

626,00