Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de setembro de 2016 pola que se aproba a convocatoria de consultas preliminares do mercado para proxectos de innovación tecnolóxica no sector primario.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro de 2016, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 44063, no sumario, onde di: «RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016 pola que se aproba a convocatoria de consultas preliminares do mercado para proxectos de innovación tecnolóxica no sector primario.», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se aproba a convocatoria de consultas preliminares do mercado para proxectos de innovación tecnolóxica no sector primario (Primare-Inspeccións intelixentes avanzadas) cofinanciado nun 80 % con fondos Feder do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt)».

Entre as páxinas 44063 e 44064, na parte expositiva, inclúese un novo parágrafo (o quinto) a seguir dos xa existentes: «O día 18 de xullo de 2016, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), asinou, coa Axencia Galega de Innovación e co Ministerio de Economía e Competitividade, un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto “Civil UAVs Initiative”. Este proxecto de innovación finánciase nun 80% con fondos Feder correspondentes ao período 2014-2020, do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt). Na execución deste convenio, a Xunta de Galicia comprometeuse a realizar actuacións administrativas de fomento da innovación, potenciando novos mercados innovadores desde o lado da demanda, a través do emprego da contratación pública de innovación, como instrumento de política de innovación cuxo obxectivo final é dinamizar a innovación e a internacionalización mediante a articulación e o fortalecemento da demanda tecnolóxica a través da combinación de actuacións de fomento á I+D con actuacións de contratación pública de bens e/ou servizos.».

Na páxina 44070, no anexo, onde di: «Solucións innovadoras para o desenvolvemento do sector primario (proxecto Primare-Inspeccións intelixentes avanzadas, incluído no convenio co Ministerio de Economía e Competitividade Civil UAVs Initiative.», debe dicir: «Solucións innovadoras para o desenvolvemento do sector primario (Proxecto Primare-Inspeccións intelixentes avanzadas, incluído no convenio co Ministerio de Economía e Competitividade “Civil UAVs Initiative”).».