Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización de contratos de obras non suxeitos a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de obras:

A) Mellora do abrigo da dársena do porto de Fisterra (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 4/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=41098

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: mellora do abrigo da dársena do porto de Fisterra.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 123.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 30 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato.

913.192,83 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 830.175,30 euros. Importe total: 1.004.512,10 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 14 de decembro de 2016.

c) Contratista: Astilleros Amilibia Untziolak, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 669.000,00 euros. Importe total: 809.490,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

B) Reordenación e traslado das instalacións para embarcacións pesqueiras no porto do Xufre (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 7/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=51659

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: reordenación e traslado das instalacións para embarcacións pesqueiras no porto do Xufre.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 139.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 22 de xullo de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato.

655.282,54 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 655.282,54 euros. Importe total: 792.891,87 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 14 de decembro de 2016.

c) Contratista: Astilleros Amilibia Untziolak, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 582.000,00 euros. Importe total: 704.220,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia