Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de decembro de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-44/2016 e un máis, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación do expediente sancionador OU-S-44/2016 e un máis, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido efectuar.

Dispón dun prazo de quince días para presentar, ante o instrutor do procedemento, as alegacións, os documentos e as informacións que considere convenientes, así como propoñer que se efectúen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que, de non facelo, o presente acordo poderase considerar proposta de resolución.

Ourense, 16 de decembro de 2016

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-44/2016.

Titular sancionada: Night Ourense, S.L.

Establecemento: Prive.

Domicilio: Lúa, 11.

Localidade: Ourense.

Incoación: 8 de novembro de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.6 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 600 euros.

Expediente: OU-S-56/2016.

Titular sancionada: Sede de Lúa, S.L.

Establecemento: Santa Sede.

Domicilio: Francisco de Moure, 5.

Localidade: Ourense.

Incoación: 24 de novembro de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 200 euros.