Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2015/136-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Supervisión e Control, S.A.

Domicilio social: rúa Enrique Mariñas Romero, 36, 1º, 15168 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.

Situación: estrada N-VI, km 582, Espírito Santo.

Características técnicas: LMTS 15 kV baixo tubo: tramo 1: ligazón entre o punto de entroncamento compañía distribuidora e CS proxectado. Dúas ternas RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al; 0,012 km. Tramo 2: ligazón entre o CS e o CT proxectados. Unha terna RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al; 0,159 km. CS: Ormazábal, 3 celas de liña. CT de 630 kVA, relación de transformación 15.000/400 V, Ormazábal, refrixeración natural en baño de aceite mineral. Cela de entrada/saída, cela de remonte, cela de proteción e cela de medida.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 9 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña