Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55812

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 23 de decembro de 2016 pola que se dispón o nomeamento da Presidencia do Xurado de Expropiación de Galicia.

En virtude do establecido na disposición adicional cuarta do Decreto 177/2016, do 15 de decembro (DOG núm. 239, do 16 de decembro), polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Nomear a Patricia Ulloa Alonso como presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda