Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02397-O-2016 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02397-O-2016 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02397-O-2016

C-6688-BT

Manuel García Sánchez

76511393F

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

15.8.2016; 7.57; DP-4604; 10,1

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02407-O-2016

0687-HHK

Jesús Ordóñez Alonso

71614311Q

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

13.6.2016; 9.01; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02427-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

14.6.2016; 21.20; vía AC550; 67,500

Art. 140.18 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-02474-O-2016

0779-HDG

Fernández Gallego, Juan Antonio

39022484V

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Atenuante-Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

20.6.2016; 10.34; AG64; 39,5

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02507-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Exceso superior a unha hora nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 11 horas ata 12 horas.

14.6.2016; 21.15; AC550; 67,500

Art. 141.24.2 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02510-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

14.6.2016; 21.17; AC550; 67,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02512-O-2016

7363GHN

Mariscos Benavides, S.L.

B36234243

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante-Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

14.6.2016; 21.13; AC550; 67,500

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02614-O-2016

8957-CKK

Euroservicios Valero, S.L.

B50646694

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

7.9.2016; 11.43; N550; 72,0

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02654-O-2016

C-7765-CC

Compostelana de Carnes, S.L.

B15553779

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

19.7.2016; 12.10; N525; 337,1

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-02810-O-2016

8066-FZS

José Otero Pérez

35477396B

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

24.9.2016; 19.37; AG-11; 40,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros