Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55625

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se deixa sen efecto a veda para a pesca nas augas do encoro de Vilagudín, establecida pola Resolución do 16 de setembro de 2016 pola que se veda a pesca nas augas encoradas do encoro de Vilagudín.

Antecedentes.

Con data do 16 de setembro de 2016, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña propón a veda das augas do encoro de Vilagudín.

De conformidade con todo o anterior, o 23 de setembro de 2016 publicouse a Resolución do 16 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda a pesca nas augas encoradas do encoro de Vilagudín.

Realizados o estudo epidemiolóxico e as análises físicas e químicas necesarias das augas do encoro, determinouse o bo estado ecolóxico do medio afectado e da fauna ictícola.

Consideracións legais.

Esta dirección xeral é competente para a adopción de medidas excepcionais de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Resolución.

De conformidade con todo o anterior, resolvo deixar sen efecto a veda da pesca nas augas do encoro de Vilagudín.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza