Coa data 9 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016321TA-CO incoado a Andrés Castro Fernández.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Andrés Castro Fernández o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 29 de novembro de 2016
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2016321TA-CO.
Interesado: Andrés Castro Fernández (Club Kotton).
DNI/NIF/CIF: 32786738P.
Derradeiro enderezo coñecido: Ribeira Sacra, nº 5-2º D, Mesoiro, 15190 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.