Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (316/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 316/2016 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 22 setembro 2016, dirixida a Monsial, S.L., que pode interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza