Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (180/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 180/2016 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María del Pino Martínez González contra Legend Informática, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 12.9.2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co nº de autos 205/2016, a favor da parte executante, María del Pino Martínez González, fronte a Legend Informática, S.L., parte executada, por importe de 31.222,96 euros, en concepto de principal, máis outros 3.000 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Legend Informática, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza