Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de outubro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Cuervo II e Ramos.

Visto os expedientes instruídos para os efectos de transmisións das bateas Cuervo II e Ramos e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 7 de outubro de 2016, Ramón Miranda Pérez solicitou autorización para a transmisión das concesións e das bateas Cuervo II e Ramos.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar as transmisións mortis causa, a favor de Juan Ramón Miranda Mariño (52937978M), Jorge Miranda Mariño (52937979Y) e Lidia Miranda Mariño (53486674J), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuervo II.

Situación:

Cuadrícula nº: 114.

Polígono: A.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.7.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ramos.

Situación:

Cuadrícula nº: 278.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.9.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ramón Miranda Pérez (76486708R) e Ana María Mariño Suárez (76493397C).

Novos titulares: Juan Ramón Miranda Mariño (52937978M), Jorge Miranda Mariño (52937979Y) e Lidia Miranda Mariño (53486674J).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos no ámbito da acuicultura (expediente PE205B 2011/70-8) por importe de 49.473 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de outubro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo