Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo de transporte e apoio mediante o uso de embarcación para o desenvolvemento de prácticas no mar do alumnado do ciclo medio de mergullo e formación non regrada de mergullo profesional do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) (expediente 3/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: transporte e apoio mediante o uso de embarcación para o desenvolvemento de prácticas no mar do alumnado do ciclo medio de mergullo e formación non regrada de mergullo profesional do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o día seguinte da sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: si, un ano máis.

f) CPV: 606510000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos na letra A do cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 84.000 €; exento de IVE. Importe total: 84.000 €.

Valor estimado: 126.000 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nos puntos F2 e F3 do cadro de características do contrato.

7. Garantía exixida: definitiva, por contía do 5 % do importe de licitación (excluído o IVE): 4.200 euros.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 5-2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 e 981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=90684

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.es).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación na páxina web do perfil de contratante indicada no anterior punto 8.g).

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar