Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), depositada co número 72-381-1995.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 25 de novembro de 2016, a modificación dos artigos 1 (Natureza asociación), 2 (Fins), 3 (Domicilio), 4 (Ámbito funcional e territorial), 11 (Socios) e 43 (Modificación, fusión e disolución), dos estatutos da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros todas aquelas empresas con traballadores por conta allea de carácter privado, pertencentes ao sector audiovisual, legalmente constituídas e que teñan o domicilio social e ademais presten servizos ou teñan instalacións en Galicia.

Asinante: Felipe Lage Coro (secretario).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego