Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Gallega de Comercio, depositada co número 72-51-1985.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 25 de novembro de 2016, a modificación dos artigos 2 (Ámbito), 3 (Principios), 6 (Fins), 8 (Socios), 10 (Ingreso federación), 11 (Solicitude ingreso), 12 (Dereitos e deberes socios), 13 (Perda condición membro), 14 (Libro socios), 17 (Asemblea xeral), 18 (Reunións asemblea xeral), 19 (Convocatoria asemblea xeral), 21 (Atribucións asemblea xeral), 22 (Acta reunión asemblea xeral), 23 (Comité executivo), 24 (Reunións comité executivo), 25 (Atribucións comité executivo), 28 (Funcións presidente), 29 (Designación tesoureiro e contador), 31 (Atribucións secretario), 33 (Asemblea xeral electoral), 40 (Cotas federación), 41 (Disolución), 44 (Socios colaboradores), dos estatutos da Federación Gallega de Comercio.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros as federacións de comercio de ámbito provincial da Comunidade Autónoma galega. Tamén formarán parte os socios adheridos, segundo o que estipulen os presentes estatutos e o regulamento de réxime interno.

Asinantes: José María Seijas López (presidente), Manuel Abuín Pérez (secretario).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego