Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 10-1044/2016-SC.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, logo de intentada dúas veces a notificación persoal a través do servizo de Correos.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Relacións Laborais e Réxime Xurídico da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a súa constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Expediente: 10-1044/2016-SC.

Interesado: Francisco Lueiro García.

Acto que se notifica: solicitude de suspensión da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 17 de outubro de 2016.

Acto adoptado por: directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.