Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do arrendamento sen opción de compra de vehículos para uso de diversas unidades (expediente AB-EIL1-16-011).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIL1-16-011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, e mantemento de doce vehículos, para cubrir as necesidades de transporte de persoas/materiais de determinados servizos da Xerencia de Xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): si, tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE, perfil do contratante e plataforma de contratación pública de Galicia (20.6.2016), BOE (1.7.2016) e DOG (7.7.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 284.160 euros, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 187.200 euros. Importe total 226.512 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 15 de outubro de 2016.

c) Contratista: Empresa Monforte, S.A. (A15019243).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 150.156 euros. Importe total: 181.688,76 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 15 de setembro de 2016.

Lugo, 22 de novembro de 2016

Ramón Rico Ares
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos