1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información:
1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/
– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos 981 95 74 01/27, fax 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxectos dos contratos.
a) Descrición e lugar de execución: captación e acometida de auga ao depósito de Vendas da Barreira, Riós (Ourense).
Número de expediente: OH.232.810.
Orzamento base de licitación: importe neto 287.851,08 euros. Importe total 348.299,81 euros.
Prazo de execución (meses): tres (3).
Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 2 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría c ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 201.495,76 euros.
CPV: 45232150-8.
b) Descrición e lugar de execución: abastecemento e saneamento en Feal e Casetas de Ansemil, Celanova (Ourense).
Número de expediente: OH.532.812.
Orzamento base de licitación: importe neto 272.480,67 euros. Importe total 329.701,61 euros.
Prazo de execución (meses): catro (4).
Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 2 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría c ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 190.736,47 euros.
CPV: 45231300-8.
3. Financiamento europeo.
– Estas actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 (Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais), submedida 7.2 (Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía) e prioridade 6 de desenvolvemento rural (Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural).
4. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
5. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.
6. Requisitos específicos do contratista.
– Solvencia: acreditarase mediante a clasificación indicada para cada contrato ou mediante as condicións mínimas de solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e solvencia técnica coa relación das obras executadas cos importes mínimos sinalados, segundo corresponda co contrato, para cada unha delas nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 20 de xaneiro de 2017.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 2 de febreiro de 2017 ás 9.00 horas e do sobre C na data e na hora que se notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
9. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para seren adxudicatarios, proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.
10. Outras informacións.
– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada nos cadros de características dos contratos.
– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese nos contratos a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego administrativo.
– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
– Expediente anticipado de gasto: estas contratacións están suxeitas á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia