Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia a interesada no procedemento de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia a titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

A titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 12 de decembro de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión A Veiriña do Mar.

Titular: O Recanto Verde, S.L.

NIF: B15898794.

Enderezo: praia de Broña, s/n.

Concello: 15287 Outes.