Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións ditadas no procedemento BS650A.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e que, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer en persoa ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Ás persoas que se citan no anexo infórmaselles que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social ante esta xefatura territorial no prazo de trinta (30) días seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 24 de novembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data resolución

Del Río Castro, María Amparo

35456984T

3600631-I/13

Desestimación

1.9.2016

Fabeiro Torrado, María Pilar

35473316W

3600183-I/15

Denegación

30.9.2016

Fernández Millán, José Antonio

25128312F

3600069-I/15

Desestimación

6.9.2016