Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55262

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de decembro de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Oleiros, no concello de Oleiros.

De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Código: 15032911.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Oleiros.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Juana de Vega.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria