Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de construción dun centro de saúde en Melide (expediente AB-SER3-16-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de construción dun centro de saúde en Melide (A Coruña).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 95, do 20.5.2016, na web do Sergas e na plataforma de contratos de Galicia o 20.5.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 79.328,08 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 56.900,06 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 68.849,07 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2016.

c) Contratista: Iglesias y Veiga Arquitectos, S.L.P.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 41.414 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 50.110,94 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración atópanse publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos