Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de decembro de 2016, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Gas Galicia, S.D.G. da concesión administrativa para a regularización de liñas de distribución de gas natural e a ampliación no porto de Cambados (expediente 13-07-16-C1).

Andrés Dopico Montero solicita, en nome e representación da entidade Gas Galicia, S.D.G., a concesión administrativa para a regularización de liñas de distribución de gas natural e a ampliación nos portos de Cambados e Tragove, segundo o proxecto para a solicitude de concesión administrativa da instalación da rede de gas natural no porto de Cambados (Pontevedra), redactado pola enxeñeira industrial Fátima Mª Torrente Socastro, en xullo de 2016.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examina o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 1 de decembro de 2016

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia