Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1151/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Manuel García Carreira, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Acordo admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 15.2.2017 ás 10.45 horas na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 15.2.2017, ás 10.50 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

Advírtese á parte demandante que en caso de non comparecer á sinalización sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo se terá por desistida da súa demanda. Advírtese, igualmente, á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza