Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (353/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 353/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel García Cabanas e Javier González Rodríguez contra a empresa Malvecín, S.L., Limco Sociedad Cooperativa Gallega e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución se xunta:

Resolvo que, estimando en parte a demanda interposta por María Isabel García Cabanas e Javier González Rodríguez contra Limco Sociedad Cooperativa Gallega e Malvecín, S.L., con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a entidade Limco Sociedad Cooperativa Gallega a que aboe 2.098,62 euros a favor da Sra. García e 4.373,97 euros a favor do Sr. González, con absolución de Malvecín, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limco Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza