Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55034

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de decembro de 2016 pola que se exclúen dúas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015.

En virtude da Resolución do 9 de febreiro de 2016 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

O 7 de decembro de 2016, a Dirección Xeral da Función Pública ditou as propostas de exclusión de dúas aspirantes admitidas con carácter definitivo no dito proceso selectivo, por non cumpriren os requisitos de participación exixidos nas bases I.2.3 e I.2.4. da Orde do 16 de xuño de 2015.

De acordo coas ditas propostas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír as aspirantes Cristina Quintela Pérez-Batallón, con DNI 32824249-Y, e María Concepción Pino Paz, con DNI 32661004-S, do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda