Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (167/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 167/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Guillán Pazos contra Esabe Vigilancia, S.A., administrador concursal Forensic Solutions, S.L.P. da entidade Esabe Vigilancia, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada sentenza do 18 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Francisco José Guillán Pazos, asistido polo letrado Sr. Lorenzo Rubín, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e, en consecuencia, condeno Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 8.477,48 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a citada cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

E condeno Forensic Solutions, S.L.P., como administrador concursal da anterior, a estar e pasar por esta declaración.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “34 Social suplicación” e demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza