Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIL1-16-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, dependente da Xerencia de Xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (5.3.2016), BOE (3.3.2013), perfil do contratante e plataforma de contratación pública de Galicia (3.3.2016) e DOG (11.3.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.593.634,88 euros, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.382.167,26 euros. Importe total 1.672.422,38 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de maio de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 13 de outubro de 2016.

c) Contratista: Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A. (A33123498).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.323.241,92 euros. Importe total: 1.601.122,72 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 16 de maio de 2016.

Lugo, 9 de novembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos