Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación da subministración sucesiva de gases medicinais e o mantemento das instalacións e os servizos de apoio para as ditas subministracións (expediente MI-SER1-16-021).

En relación coa convocatoria publicada no DOUE núm. 2016/S 229-418110, do 26 de novembro de 2016, pola que se publicou a contratación da subministración sucesiva de gases medicinais e o mantemento das instalacións e os servizos de apoio para as ditas subministracións para centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 16 de xaneiro de 2017.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ao de finalización de presentación das ofertas, ás 9.00 horas, na sala 2.1 do Edificio Administrativo San Lázaro.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos