Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (163/2014).

PO procedemento ordinario 163/2014

Demandante: Eduardo Suárez Baulo

Avogado: Monserrat Trillo Nouche

Demandados: Restaurante La Trinidad, S.L. e o Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 163/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Suárez Baulo contra Restaurante La Trinidad, S.L. e o Fondo de Garantía Social sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar ás partes para que comparezan o día 22 de marzo de 2017, ás 11.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a realización do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e no caso de non alcanzarse a avinza, o día 22 de marzo de 2017, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte actora, de que no caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, teráselle por desistida da súa demanda; advertindo igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, e continuarán estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado enderezo para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíquese as partes, facéndoas saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un enderezo e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O enderezo e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante La Trinidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza