Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a revogación parcial da Resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 18 de decembro de 2012 e a revogación da Resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 16 de maio de 2013 (expediente IU1/18/2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a José Manuel González Espasandín a revogación parcial da Resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 18 de decembro de 2012, ditada no procedemento de reposición da legalidade (IU1/18/2012) e a revogación da Resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 16 de maio de 2013.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses, contados desde o seguinte ao da súa comparecencia, ou ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Con carácter previo e potestativo poderá presentar recurso de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio