Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 132/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes González Pérez contra Fotocopias Maxin, S.L.U. e o Servizo Público de Emprego Estatal, ditouse sentenza o 16 de setembro de 2016 co número 255/2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 132/2013, sobre seguridade social, seguidos por instancia de Lourdes González Pérez, asistida pola Letrada Sra. Liste López, contra o Servizo Público de Emprego Estatal, asistido e representado polo letrado Sr. Catoira Longueira, e contra Fotocopias Maxim, S.L.U., que non compareceu ao xuízo oral, despois de ser citada, así mesmo, a súa administradora concursal María Sierra Rodríguez, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes».

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Lourdes González Pérez contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Fotocopias Maxim, S.L.U., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza